Dieting Is As Convenient As Utilizing Fat Burning Furnace 770 Fat Burning Furnace As this can not continue much longer do you feel? Your weight has become more and more of a concern. It does not help your mental health if you have a weight problem hanging around in your ideas, and it affects your physical health, too. See the article below for many great weight loss information you need to understand to achieve your goals. Decide to try sucking on a couple of ice chips if you are feeling hungry and looking for unhealthy foods. Like you need to eat something if you feel, try munching on ice instead. You might simply have to have an object in your mouth. Indulge your internal conceit while working your weight-loss program. By admiring your own body and noticing the changes, you will keep yourself motivated and happy through the weight loss plan. Weight loss success starts in your head. Throughout your weight reduction program, willpower will soon be your best friend to make it through the crisis. Take time to plan a complete week’s worth of meals all at once. This may save cash to you at the food store as …
Fernando era un pobre home que traballaba polo seu ben nas leiras da súa casa, sempre e cando tivese tempo libre. Porque tamén traballaba de canteiro. Sacrificábase día tras día. Cando se desatou a guerra civil, el, que era o home da familia, tivo que ir loitar. Foi ata Porto do Son e de Porto do Son para a guerra. Loitou dende de 1936 ata o final dos seus días. Lanzaban granadas e bombas, cavaban trincheiras, abrían lume contra os inimigos… Ata que un día dende un coche militar déronlle no peito. Cando o levaron para o médico, xa era demasiado tarde. Un mes antes de que a guerra rematara, o funeral de Fernando conmocionou a moitas persoas, sobre todo á miña familia. Daquela Fernando, o meu bisavó, tiña 56 anos. Feito por Nerea Domínguez Sanisidro (1º ESO B). Grazas por lelo
Primitivo Romero naceu nun bonito día de primavera do ano 1874 no Inferniño (A Pobra do Caramiñal). Foi na casa da súa avoa, debido a que antes non había hospitais. A súa infancia non foi moi boa, pero puido estudar na Escola de artes e oficios. Pasados uns anos, morreu o seu pai, que como herencia deixoulle o seu muíño. Nel traballou dende os quince ata os trinta e catro anos. Cando tiña trinta e cinco, a súa filla, que tiña doce, aínda non sabía ler e el ensinoulle. Un día un amigo díxolle se quería unirse con el á banda de música, e el aceptou. Mais, con corenta e seis anos deixou a música para dedicarse a ser albañil. No seu tempo libre dedicábase a debuxar, e foi el o que fixo o escudo do concello. Ao non haber medicamentos, morreu por un resfriado aos sesenta e tres anos de idade. Antes de morrer, deixou unha nota encima da mesa da cociña que poñía: “Vémonos no ceo” Mauro Paredes
Isolina Queiruga Pouso naceu o 27 de novembro de 1911 en Caamaño, Porto Do Son. Era a maior de 6 irmáns. Case non foi á escola. Aos 18 anos faleceu o seu pai e comenzou a traballar de costureira nas casas da xente máis rica da aldea.Traballaba nas súas casas durante todo o dia e ata comía alí. Como era unha persoa moi habilidosa e intelixente, tamén axudaba a curar os enfermos dándolles inxeccións, ao igual que arregraba os defuntos da parroquia porque non había funerarias. Na postguerra firmaba papeis á garda civil polo seu acto de presenza para vixiar a orde. Casou con Benigno e tivo 2 fillas, aínda que unha delas morreu ao nacer. Pasou o tempo e tamén morreron a súa nai e, no 2005, a súa irmá pequena Rosalía. Ela sempre foi unha persoa que tivo boa saúde e case nunca estivo nun hospital. Ata que no 2007 rompeu un cadril, polo que, a partir de aí, camiñaba coa axuda dun caxato. Isolina morreu no 2008, e este ano cumpríronse 100 anos do seu nacemento. Era unha persoa amable e traballadora. INÉS GONZÁLEZ